O pasado ten futuro debaterá sobre patrimonio na Illa de San Simón

Cultura organiza a xornada canda á Asociación de Concellos con Castelos, Torres e Enclaves Históricos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Analizar as posibilidades de posta en valor de bens patrimoniais con carácter singular e avanzar na coordinación entre administracións neste sentido. Estes son os obxectivos fundamentais da xornada O pasado ten futuro que se celebrará o vindeiro día 18 de novembro na Illa de San Simón organizada pola Consellaría de Cultura e mais a Asociación de Concellos con Castelos, Torres e Enclaves Históricos. Entre outras intervencións, o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela e mais o o xefe superior de Policía de Galicia, Luis García Mañá, analizarán a acción da xustiza para defender este bens. Cana a isto, responsables da Consellaría presentarán os proxectos do departamento sobre patrimonio e mais a súa difusión.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de San Simón