VOD (versión orixinal descoñecida)

Escasa presenza do galego nas dobraxes e subtítulos das películas proxectadas por toda Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
VOD (versión orixinal descoñecida)

O cinema é un dos puntos fortes da axenda cultural dos concellos galegos (con independencia do seu tamaño) tanto por parte de entidades públicas como privadas. Pero, segundo un seguimento feito por Culturagalega.org, esa oferta cultural presta pouca atención á lingua na que se ofrecen esas producións. De 858 proxeccións contabilizadas, as entidades que a programan non ofrecen ningunha indicación de idioma en 357, e cando o fan o galego sae mal parado. Desde xuño do 2008 e ata o 6 de novembro de 2009, das citas audiovisuais publicadas na axenda do portal emitironse 255 filmes subtitulados en castelán, e só 57 en galego. Con respecto á dobraxe, das 86 producións emitidas en castelán só houbo 5 dobradas ao galego.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A lingua fóra de plano

A lingua fóra de plano

O galego é minoritario no circuíto non comercial de proxeccións audiovisuais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Culturagalega, Lingua galega

Claves

Entidades
Conceptos