É coñecido que a presenza da lingua galega nas salas comerciais de cinema é minoritaria. No entanto, unha análise a partir dos datos de axenda do soportal AVG de Culturagalega.org, amosa que a nosa lingua tampouco acada máis do que unha representación anecdótica nos circuÃtos alternativos. Festivais, cineclubes ou ciclos non proxectan máis que un 22,4% de filmes na nosa lingua, unha porcentaxe que aÃnda se reduce máis se temos en conta algúns factores.
As máis de catro mil axendas encol do circuÃto non comercial do audiovisual en Galicia que entre 2009 e 2011 rexistrou AVG, o Soportal do Audiovisual Galego, amosan a ampla preeminencia do castelán neste ámbito. Débese ter en conta que estes datos non supoñen un rexistro exhaustivo de todas as sesións de cinema que se desenvolveron no paÃs durante este tempo, unicamente aquelas da que Culturagalega.org tivo constancia e reflectiu na súa Axenda.
As cifras
Proxeccións audiovisuais por idioma empregado 2009-2011
Deste xeito, por exemplo verifÃcase que en 2011 amosáronse neste circuÃto 566 filmes en castelán fronte a 136 en galego. A grande cantidade de proxeccións realizadas na nosa lingua que se reflicte en 2010 obedece ao feito de que nesa edición, introducÃronse de xeito separado na axenda as 555 proxeccións do Festival Internacional de Cinema de Ourense, unha das escasas citas do paÃs que se preocupa de subtitular filmes.
Porcentaxes de linguas nas proxeccións audiovisuais 2009-2011
Porcentaxes de linguas nas proxeccións audiovisuais 2009-2011, sen contar axendas do Festival de Ourense 2010
Malia a que esta desviación pode facer pensar nunha maior presenza real do galego nestas salas, cómpre decatarse tamén de que, nunha ampla porcentaxe das proxeccións (unha de cada tres) non consta o idioma empregado. En coñecendo a esmagadora presenza do castelán no ámbito audiovisual e o custe engadido que supón o subtitulado, é de supor que na maior parte dos casos falamos de novo de proxeccións que se realizaron en castelán. As porcentaxes de exhibición por linguas, tirado o elemento distorsionador das proxeccións do festival de Ourense 2010, deixarÃa apenas nun 8% a presenza do galego neste circuÃto.
Dobraxes e lendas
Proxeccións audiovisuais por emprego de idioma. 2009-2011
A seguir co desglose destes datos, verifÃcase que o groso das proxeccións que teñen a nosa lingua como idioma vehicular son de obras lanzadas orixinalmente en galego (189 sesións no trieino que se trata), mentres que as dobraxes á nosa lingua foron só 66. As lendas aparecen como o xeito máis habitual no que filmes noutros idiomas se verten para o noso, como amosa o gráfico. A pelÃcula falada na lingua autóctona máis veces proxectada foi Pérez, o ratiño dos teus soños II, que se puido ver en 18 ocasións no marco do programa itinerante da Deputación da Coruña "Noite de cine" de 2010. Cabe salientar, no entanto, que no mesmo o 89% das proxeccións programadas fixéronse en castelán.
Baluartes
Tres entidades programan por si mesmas a terceira parte das sesións en galego destes tres anos.
Como se pode verificar, o Festival de Ourense, que precisamente este ano está a ver perigar a súa continuidade, supón un dos principais focos de proxección de filmes na nosa lingua (sempre a partir dos datos dos que dispomos), cun 59% das citas que programou.
Canda a esta cita ten unha especial importancia, aÃnda que decrecente, o traballo do Centro Galego de Artes da Imaxe, cunha terceira parte das súas proxeccións en galego, nada menos de 224 no trienio analizado. No entanto, a entidade está a diminuÃr nos últimos anos a súa aposta pola nosa lingua e, de 89 filmes subtitulados en galego en 2010, pasou a só 48 en 2011. Por porcentaxe destaca de xeito especial o traballo do Cineclube de Compostela con 57 proxeccións na nosa lingua, case o 60% da súa programación deste perÃodo (sempre segundo os nosos rexistros).
Canda a estes, contamos con datos da presenza do galego nas proxeccións de, entre outros, o Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa - Gas Natural (12 de 27), a extinta Casa das Atochas (9 de 28), a A.C. O Galo (16 de 19), o C.S.X. O Ensanche de Compostela (5 de 18), o Museo do Pobo Galego (9 de 23) ou o Teatro Principal de Compostela (8 de 48). En Barcelona, o Centro Galego proxectou en galego 8 dos 13 tÃtulos que programou neste perÃodo. No tocante a salas comerciais que colaboraron con ciclos culturais fóra das estreas comerciais, o Cine Dúplex de Ferrol puxo 7 tÃtulos en galego de 47 proxeccións rexistradas en AVG, e o Cinebox de Ourense, 13 dun total de 38.
Baleiros
No extremo oposto da balanza atópanse sedes culturais como a Fundación LuÃs Seoane (2 filmes en galego de 41 proxectados), A Fundación Autor - Arteria Noroeste (2 de 29) radicada en Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea (3 de 18), o Marco (1 de 16) e o Verbum (2 de 24) de Vigo. No ámbito privado, a Fnac só puxo sete sesións en galego das 146 que constan, o que non chega nin ao 5%. Canda a isto, destaca a ausencia da nosa lingua nas programacións audiovisuais de Caixanova, que só programou en galego 2 de 47 sesións, mentres en Caixa Galicia só houbo na nosa lingua 8 proxeccións de 442 no perÃodo realizado. No Fórum Metropolitano da Coruña a ausencia do galego foi total nas 514 sesións programadas neste perÃodo.
Nota encol das siglas:
v.d.c. - Versión dobrada ao castelán
v.d.g. - Versión dobrada ao galego
v.o. - Versión orixinal
v.o.c. - Versión orixinal en castelán
v.o.g. - Versión orixinal en galego
v.o.s. - Versión orixinal substitulada
v.o.s.c. - Versión orixinal substitulada en castelán
v.o.s.g. - Versión orixinal substitulada en galego
v.o.s outros - Versión orixinal substitulada noutros idiomas