Baixan espectadores e recadación de cine en 2018

Entre 2013 e 2018 producíronse 141 audiovisuais no país

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O cine tradicional perdeu no último ano 100.000 espectadores en Galicia, e deixou de recaudar 900.000 euros, así o revela o último Documento de Traballo do Observatorio da Cultura Galega do CCG. O impacto do consumo nas plataformas dixitais de pagamento pode ser determinante para comprender este dato. O informe incide en que a asistencia media ao cine en Galicia (44 cines) sitúase en 1,4 películas por habitante, lonxe da media estatal de 2,2 filmes e só por riba de Asturias, Extremadura, Ceuta e Melilla. O informe estima que entre 2013 e 2018 se produciron 141 producións audiovisuais no último quinquenio. Destaca o ano 2015 con 27 películas (15 delas eran longametraxes) mentres que en 2018 se produciron 25 filmes (15 longametraxes e 10 curtametraxes). En relación ao idioma, o 38,3% das producións feitas en Galicia no período analizado están en galego. En 2018 producíronse 13 películas exclusivamente en galego e unha en galego/castelán, e son as que teñen máis apoio económico por parte da Administración.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Observatorio da Cultura Galega, Asturias, Medios de comunicación...