Galicia é a comunidade autónoma con peores datos de asistencia a cines, só por riba de Estremadura e Ceuta e Melilla, pero o gasto medio do espectador é superior á media española. Temos cada vez menos cines, pero tamén máis salas concentradas nas grandes cidades. Neste contexto de caÃda do cine, sen embargo, o cine español gaña cada vez máis espazo ao cine estranxeiro. Estes son algúns dos interesantes datos do informe sobre o cine que publica o Observatorio da Cultura Galega do CCG.
Destacamos algunhas das conclusións do informe do Observatorio da Cultura Galega do Consello. De xeito periódico, o Observatorio está a fornecer datos por sectores que permiten retratar a evolución da cultura nos seus diferentes sectores.
CaÃda de espectadores
"Os datos de asistencia a salas de exhibición de cine levan en caÃda case ininterrompida dende 2004. Como era de esperar a crise económica non beneficiou ao sector, pese a un pequeno rebrote na asistencia en 2012. AsÃ, cómpre salientar que entre o 2004, no que se rexistra a cifra total máis elevada de espectadores de cine en Galicia, 5,9 millóns, e o 2008 o número de espectadores descendeu en 2 millóns, aÃnda que volveu remontar un pouco en 2012 situándose nos 3,8 millóns. Comparativamente, os datos son peores que no resto de España, onde a asistencia media por habitante se sitúa en 2,0. Galicia, con 1,4 ocupa o antepenúltimo lugar só por diante de Estremadura e Ceuta e Melilla."
O consumo de cine español en aumento
"É interesante o feito de que entre 2000 e 2012 aumentou o número total de espectadores de pelÃculas españolas, mentres que descenden o de pelÃculas estranxeiras, tal como se pode observar na seguinte gráfica. Isto acontece tanto en Galicia coma no conxunto de España.
No caso das pelÃculas españolas, no conxunto do Estado o número de espectadores aumenta 4,9 millóns, o que supón un 26,8% de incremento neste perÃodo, mentres que en Galicia aumenta nun 60%. Pola contra, no que se refire ás pelÃculas estranxeiras o número total de espectadores diminúe nunha proporción semellante tanto en Galicia (37,5%) coma no conxunto de España (37,6%), contabilizándose unha redución total de 45,8 millóns de espectadores."
O multisala como concepto en auxe
"O peche de cines en Galicia segue unha tendencia firme. En 2012 habÃa 38 cines, tres menos que en 2008. Pola contra, o número de salas de exhibición aumenta en 29. Esta tendencia é similar á que se rexistra no conxunto de España, onde o número de salas por cine era de 2,7 no ano 2000 e de 4,6 en 2011. Isto ocorre pola tendencia de abrir cines multisala, mentres se pechan cines tradicionais. En canto ao número de salas por 100.000 habitantes, estas chegaron a ser de 7,9 en 2005, situándose en 7,0 en 2012, un número algo superior a 2011. O auxe da oferta prodúcese ata 2005 e dende ese momento comeza a minguar. Ademais é curioso constatar unha contención que empeza coa crise económica."
Emprego en caÃda libre cun lixeiro repunte nestes momentos
"O mercado laboral das actividades cinematográficas e relacionadas sofre oscilacións importantes no perÃodo que vai dende xaneiro de 2008 e setembro de 2013, probablemente relacionada cunha estabilidade laboral baixa. En calquera caso, a tendencia é decrecente, perdéndose un -22% dos empregos, cifra moi superior á destrución de emprego total no mesmo perÃodo (-13%). O dato máis positivo é que as afiliacións á seguridade social aumentan nesta rama de actividade nos últimos 7 meses."