O Festival Catropezas celebrarase malia á retirada de apoios

A Consellaría de Cultura non achegará este ano 8.000 euros ao evento

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

A retirada de apoio por parte da Consellaría de Cultura reduciu nun terzo o orzamento do festival de danza Catropezas, de Vigo. No entanto, o Teatro Ensalle que organiza o evento, asegurou que a programación do mesmo vai adiante e que programará 13 actuacións desde mañá e ata o vindeiro día 29 de novembro, con nomes coma Pisando Ovos, Provisional Danza, Emmanuel Eggermont, Ruth Balbís ou a primeira actuación de Antía Díaz en Vigo, entre moitos outros. Ao tempo, a recoñecida bailarina Carmer Werner impartirá un curso intensivo entre os días 24 e 26 este mes. Cultura achegaba cada ano 8.000 euros á organización deste evento, e a organización sinala que, de non se restaurar este apoio, a continuidade do festival para vindeiros anos está en perigo. Teatro Ensalle puxo xa en marcha unha campaña para solicitarlle á Xunta que recupere a colaboración co evento.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Teatro Ensalle, Vigo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares