O Teatro Ensalle celebra o seu V Festival de Danza Catropezas

Cada fin de semana, unha compañía achegará unha proposta diferente

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

É unha das citas coa danza alternativa máis significativas en Galicia. O Teatro Ensalle acolle desde esta fin de semana a quinta edicion do festival Catropezas. Arrancou con Impromptus, a segunda parte da triloxía O exilio e o reino, de Fernando Renjifo que dá paso, do 12 ao 14 de novembro, a “Irresponsables” (12-14 de novembro), que conta os complexos e inseguridades das persoas. A terceira cita será “Métanse nos seus asuntos” (19-21 de novembro), un solo de danza que se move entre a evocación de lugares comúns e a exposición da privacidade. Pecha o programa, os seis solos e unha noite de improvisación agrupados en “Seis Cordas”, do 26 ao 28 de novembro.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Teatro Ensalle

Claves

Entidades
Conceptos