Onte, hoxe e mañá, A teta asustada, Osama, Princesase Conversas con mamá son os títulos que fan parte do ciclo de Cinema de Barrio que organiza o concello de Lugo. Unha iniciativa que se achegará aos diferentes centros socioculturais da Cidade da Muralla para que a cidadanía reflexione sobre a temática femenina e se cree conciencia de xénero.

