O Parlamento insta a Cultura a inventariar os frescos de Lugrís

Non existe unha listaxe exhaustiva destas obras, que en moitos casos corren perigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Café Vechio e o restaurante Fornos na Coruña ou a Casa do Mar de Malpica son algúns dos locais nos que se conservan

aínda frescos orixinais de Urbano Lugrís. A Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia aprobaba esta

mañá instar á Consellaría de Cultura para que faga un inventario e desenvolva proxectos de recuperación destas e doutras obras semellantes do pintor. Segundo denunciou o parlamentario do PSOE Francisco Cerviño, en moitos casos os frescos de Lugrís están a se deteriorar e non existe un listado exhaustivo sobre o seu número, localización e estado.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Urbano Lugrís, Educación, PSOE, Parlamento de Galicia...

Claves

Protagonistas
Conceptos