O Festival de Ourense analiza a fórmula do financiamento rexional da produción audiovisual

A responsable do fondo do Lander Baden explicou o seu modelo audiovisual con base cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Gabriel Röthemeyer é a responsable do Fondo Rexional Audiovisual do Lander Baden-Württemberg (MFG), unha iniciativa xurdida en 1995 e que cada ano destina 15 millóns de euros ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais. Ten de peculiar que é un exempo de asesoramento da escena cinematográfica local na Alemaña grazas ao apoio do estado de Baden-Württemberg e a cadea local de accionistas SWR. Röthemeyer explicou onte, no marco das conferencias destinadas a profesionais do Festival de Cine de Ourense, os criterios que seguen para elexir os seus proxectos: a rendibilidade comercial, a calidade do proxecto e a conexión cultural. Coproducións con outras zonas próximas (Alsacia, Suiza e Austria), fomento dos profesionais formados na Escola de Cine de Ludwigsburg (atraendo produtoras como TeamWorx e Peter Rommel Productions), o programa First Film para financiar óperas primas con potencial internacional e o Festival de Ludwigsburg/Stuttgart centrado no cine europeo, son algunhas das iniciativas elaboradas con cargo a este fondo.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Austria, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...