Nun Auditorio de Galicia ateigado de público, o eminente cientÃfico británico James Lovelock, autor da TeorÃa de Gaia, recolleu das mans de Senén Barro, reitor da USC e de Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de santiago, o galardón e o diploma que o acredita como merecedor do II Premio Fonseca de Comunicación CientÃfica. Tras o acto, Lovelock ofreceu a conferencia: "Cambio climático nun planeta vivo", no que debullou a súa particular visión do cambio climático.
"É unha evidencia innegable", dixo Lovelock durante a conferencia, "pero o certo é que as polÃticas gubernamentais non están correctamente orientadas. O cambio climático non se pode frear". Para Lovelock, o proceso de quentamento global é unha reacción da Terra que está a magnificar os pequenos cambios e as medidas que tomen os homes non servirán para moito. "Mesmo parar completamente o consumo de combustibles fósiles poderÃa ter efectos perniciosos", afirmou Lovelock. "Os gobernos deberan pensar medidas para ensinarnos a sobrevivir, porque o cambio climático non se pode deter". O cientÃfico inglés tamén enfatizou que non se poden calcular datas de aparición do fenómeno, xa que os modelos preditivos de evolución climática, ao seu ver, teñen fallado reiteradamente nas últimas décadas. "Pode ser en pouco tempo ou tardar centos de anos", asegurou.