O poeta Manuel María presenta o libro "Brétemas do muiñeiro"

Manuel María, muiñeiro

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O último poemario de Manuel María, "Brétemas do muiñeiro", presentouse onte na Galería Sargadelos de Lugo. O libro, escrito en 1977, publícase na colección "Hipocampo Amigo".

Poemario inédito
Segundo declarou o autor na presentación, "Brétemas do muiñeiro" pecha o ciclo iniciado en 1950 coa publicación de "Muiñeiro de brétemas". A obra, rematada en 1977 ía ficar inédita pola decisión do poeta de non publicar nin escribir máis versos. Foi a petición Sabino Torres Ferrer de publicalo na súa nova colección poética, o que permitiu o rescate do poemario.

Presentación
No acto de presentación, Manuel María sinalou que esta obra ten un fondo surrealista, con imaxes independentes e referencias tanto á paisaxe humana como á xeográfica. A presentación incluíu un recital do autor consistenten en dez poemas inéditos dedicados ás dez portas da muralla de Lugo.

Outra obra
Onda o poemario de "Brétemas do muiñeiro", onte presentouse o libro "Xograría Nova" de Sabino Torres. Manuel María definiu esta obra como parte da tradición de xograres e trobadores que ten Galicia. Ó final do acto, os dous poeta homenaxaron ó falecido Virgilio Nóva Gil reivindicando o seu libro "O soño desancorado e outro poemas".

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Galería, Galería Sargadelos, Sabino Torres...