A Fundación Manuel María presenta o inédito do escritor Cecais hai unha luz

A Fundación do escritor chega a un principio de acordo para mercar a súa casa natal

17/6/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Presentación da Fundación da Deputación de Lugo. Foto: Deputación de Lugo

A Fundación Manuel María presentou onte na Deputación de Lugo e hoxe na Real Academia Galega, na Coruña, o proxecto para converter a casa natal do escritor nunha Casa Museo, ademáis dun poemario inédito do poeta que se editou recentemente: Cecais hai unha luz. A casa, de finais do XIX e construída de acordo coa arquitectura tradicional da Terra Cha, albergará a enorme biblioteca de libro galego que atesourou o escritor, así como a súa singular colección de arte, de autores como Castelao, Urbano Lugrís ou Carlos Maside, entre outros moitos. A Fundación está a dar a coñecer en diferentes cidades galegas o proxecto para recabar apoios, tanto en fondos que particulares e entidades teñan de Manuel María como económicos.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Fundación Manuel María, Carlos Maside, Castelao...