Cultura aposta por incrementar o peso do turismo na economía

A Xunta quere que Galicia reciba 400.000 visitantes máis cada ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Conseguir unha estancia media de tres días no noso país, incrementar o gasto por persoa a 120 euros ou lograr 400.000 visitantes máis ao ano (un 5% máis que na actualidade). Estes son algúns dos obxectivos que a Consellaría de Cultura e Turismo ten para este último sector na vindeira lexislatura. O responsable dese departamento, Roberto Varela, anunciou que nos vindeiros anos desenvolverase un plan estratéxico para o turismo que incremente o peso deste sector na economía galega. Entre as liñas a desenvolver, prevense accións prioritarias en ámbitos coma a ordenación e o desenvolvemento sectorial, os produtos turísticos e as campañas de marketing. Varela apuntou a necesidade de que os axentes privados e a administración traballen en conxunto para potenciar este ámbito.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O Camiño termal

O Camiño termal

Procura incrementar o turismo internacional e o gasto dos visitantes

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Economía, Roberto Varela, Medios de comunicación