Galicia atrae só un tres por cento do turismo estatal, pero os visitantes son os que máis gastan

Máis vale pouco e bo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Só tres de cada cen turistas que visitan España pasan por Galicia, segundo os datos que acaba de facer públicos o Instituto de Estudos Turísticos do Ministerio de Industria. Sen embargo, temos os visitantes que fan un maior gasto, nada menos de 1.131 euros, case trescentos máis do que é habitual no conxunto das comunidades. E iso que tampouco paran moito, xa que o normal é que pasen 2,14 noites no país, fronte ás 3,52 da media estatal. En conxunto, o turismo no noso país supón só un 1,7% do negocio deste sector no estado, e as cifras de visitantes no voltaron chegar, segundo estes datos, aos máximos históricos do ano 2002, en que se superaron os 770.000 turistas.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, La Voz de Galicia, Medios de comunicación