O Plan de Acción Turística non favorecerá a creación de novos establecementos

Cultura quere potenciar a natureza, o golf, a gastronomía ou o turismo náutico fluvial

| Santiago. Redacción | Seccións: Turismo
Compartir:

Favorecer a calidade e a mellora de instalacións existentes fronte á creación de novos establecementos en zonas de baixa ocupación. Esta é unha das principais medidas do Plan de Acción de Turística de Galicia, cuxas principais liñas presentaba onte o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, no Parlamento de Galicia. Canda a esta aposta, o plan quere promover plans específicos arredor do Turismo Naútico-fluvial, o Enoturismo, o de Turismo de Golf e mais produtos específicos centrados na natureza. Por outra banda, desenvolveranse medidas para mellorar a sinalización xeográfica e turística do país así como un mapa de recursos do sector que organizará o país a partir de microdestinos e que será a base de futuras actuacións específicas. Varela adiantou tamén que se traballará a sensibilización social de cara aos visitantes e que continuarán as campañas promocionais do noso país a nivel internacional.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Natureza, Gastronomía, Roberto Varela...

Claves

Protagonistas
Conceptos