Industria destinará 25.7 millóns en promover o país como destino turístico

Entre as medidas está a creación de Galicia, unha nova marca turística

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Galicia. Así de simple e directa é a nova marca coa que a Consellaría de Innovación e Industria quere promover o país como destino turístico ao longo deste ano. Canda á imaxe do país, Innovación tamén creou unha serie de liñas de actuación para promover produtos turísticos (golf, a cociña atlántica, turismo náutico, mariñeiro, o de natureza ou o de negocios, entre outros). Os programas de fidelización, a presenza en guías ou novas publicacións son algunhas as medidas postas en marcha. En total, destinaranse 25.7 millóns de euros, un 22% máis que en 2005.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Natureza, Turismo

Claves

Conceptos