A nova Lei de Turismo ordenará o sector en Galicia

O texto contempla a importancia do sector para a cultura e o patrimonio

A nova Lei de Turismo atenderá as posibilidades que este sector ten de cara ao coidado do patrimonio cultural e ao fortalecemento da identidade. Así o asegurou o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, no Parlamento de Galicia, na comparecencia na que explicou este texto. Entre outras medidas, a futura Lei creará unha Rede de Oficinas de Información que quere coordinar todos os establecementos deste tipo que existen no país, tanto a nivel público coma privado. Tamén se prevé a creación dun rexime de sancións e dunha categorización de territorios con diferentes prioridades de actuación. Así haberá concellos, recursos e profesións de interese turístico entre outros. Entre as medidas do novo texto está vencellar as casas de turismo rural a núcleos de poboación que non excedan os cincocentos habitantes.