A Facultade de Filoloxía de Compostela acolle este sábado, 3 de outubro, ás 11 e media da mañá, a asemblea de presentación pública de ProLingua. Este colectivo de defensa do galego anúnciase coma "plataforma plural e apartidaria que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia e a consecución da súa oficialidade real" e convida a participar no mesmo a todos os interesados. No encontro explicarase a estrutura de funcionamento do proxecto e anunciaranse as accións que pretende desenvolver.
A Plataforma ProLingua dáse a coñecer este sábado
Preséntase coma un movemento plural e apartidario a favor do galego
21 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universos
Claves
Conceptos
