Naceu, hai xa tres anos, no medio da polémica polo decreto do plurilingüismo no ensino, como unha plataforma apartidaria de defensa da lingua. A pasada fin de semana, unha asemblea xeral aprobaba un novo rumbo para Prolingua. Cotas de socios, unha mÃnima estrutura comarcal e un programa de actividades ata 2015 pretenden fortalecer e darle continuidade este proxecto de defensa do galego.
Novo web, unha carta aberta aos partidos polÃticos con vistas ás vindeiras eleccións autonómicas e, o pasado sábado, unha asemblea xeral. A plataforma Prolingua tivo unha semana intensa, e continua cunha forte actividade a desenvolver os acordos que se tomaron nese encontro. Un dos novos membros da nova Cerna, a coordinadora sen cargos especÃficos que xestiona o traballo diario do colectivo é Alejandro Tobar. Segundo sinala que “é unha mudanza relativa de estratexia. Logo de tres anos de actividade fÃxose unha asemblea para renovar a Cerna. A renovación é tamén relativa porque só mudou a metade, manténdose a outra metade. Tentouse, iso si, entrar xente máis ou menos moza, de entre 30 e 40 anos”. Con esta mudanza, recoñece, “pretendemos darlle un certo pulo ao colectivo, aÃnda que mantivemos actividade, no último semestre si que parara un pouco a nosa presenza”, sinala.
Estruturas
Entre as principais novidades da plataforma está o desenvolvemento dunha mÃnima estrutura comarcal, que quere facilitar a difusión de actividades por todo o paÃs. Segundo explica Tobar, “non se trata de ter estruturas fixas en cada comarca, non temos esa capacidade. O que facemos é, a partir da rede de xente que colaborou nas presentacións de 55 mentiras sobre a lingua galega, contamos con estas persoas como responsables en cada zona e chamarémolos a eles para vindeiras actuacións”. En total serán entre 12 e 18 áreas territoriais, entre elas unha centrada na lingua na diáspora. Canda a esta inicial estruturación comarcal, o colectivo pon en marcha tamén grupos de traballo especializados en tres áreas: deporte, dereito e administración e mais comunicación e empresa.
Socios
Para alén destas modificacións internas, unha das maiores mudanzas da plataforma é a apertura á afiliación individual con cotas de socios, conformándose cunha estrutura de asociación. “O que temos agora é unha estrutura difusa, con moitos asinantes do manifesto e seareiros, pero non sabemos quen é socio ou non, estableceremos unhas cotas accesibles e con estes cartos veremos o que podemos facer”. Malia a estas mudanzas, a nova Cerna de Prolingua insiste no carácter non xerárquico e horizontal do colectivo.
Proxectos
Proxectos desde logo non faltan, a nova cerna propón un programa de acción ata 2015 que contempla cuestións como a colocación de postos de información en diferentes festas locais, a presentación dun informe anual de queixas ao Valedor do pobo, a elaboración dun documental sobre a evolución da polÃtica lingüÃstica ou a convocatoria dunha “marcha pola lingua en Compostela na que os asistentes camiñen sen máis marca ca a da lingua” entre moitos outros. Segundo Tobar, “pensamos que manter xuntanzas é o xeito de o conseguir, imos ser moi activos con pequenos grupos de traballo buscando que a xente se galeguize”. O deporte será un dos primeiros ámbitos de acción, procurando, por exemplo, a galeguización de clubs de fútbol. Baixo esta perspectiva, Prolingua pretende elaborar informes sobre a situación do galego en diferentes áreas, amosando “as vantaxes e o valor engadido de utilizar o galego como lingua base”. Outro dos grandes proxectos, e seguindo o espÃrito divulgativo que guÃa boa parte das actuacións da plataforma será a edición dunha nova obra didáctica encol da lingua galega, na liña das 55 mentiras, tamén coordinada por Xosé Henrique Costas.
Cara aos partidos
A iniciar a xeira, a plataforma xa enviou aos partidos polÃticos unha carta na que reclama, entre outras cuestión, o coñecemento e o emprego público da nosa lingua por parte dos representantes electos, unha mudanza do decreto do plurilingüismo e no sistema de axudas a medios de comunicación , asà diferentes iniciativas de promoción da lingua. “Facemos un chamado para un compromiso de mÃnimos sobre a lingua. Logo duns anos desastrosos a este nivel, queremos chegar a un consenso”, lembra Tobar. Lanzado o pasado dÃa 14, aÃnda non houbo respostas sobre esta proposta, lanzada ao fÃo das vindeiras eleccións autonómicas.
Web
O novo web de Prolingua, pola súa banda, amosa un interese por documentar a situación do galego cun mapa no que se recollen parabéns e queixas encol da nosa lingua e no que o público pode engadir as súas experiencias. Canda a isto, novas, un observatorio sobre o emprego da nosa lingua en diferentes ámbitos ou a achega de documentos tipo redactados en galego son algúns dos contidos que presenta.
O panorama
En xeral, as novas propostas amosan a vontade de continuar cun traballo continuo e multisectorial a prol da lingua por parte desta organización. A busca de presenza en todo o territorio, o diálogo con todo tipo de sectores públicos e a intención dun traballo a varios anos supoñen un esforzo de consolidación que pretende deixarse sentir na situación da nosa lingua. Desde logo, a situación supón xa unha mudanza importante no panorama asociativo a prol da normalización, nun panorama ata no que ata o de agora destacaba a presenza da Mesa como principal referente. A seguir un dos eixes de Prolingua desde a súa creación, o carácter apartidario mantense con firmeza nesta nova xeira. “Temos un discurso creado bastante claro e imos tentar consolidalo. Somos un pouco a cara amable da lingua, non temos connotación polÃtica e non se nos pode por. Esta é unha plataforma apartidaria, e só iso xa é un paso a avanzar moi grande. Estamos abertos a colaborar con outras plataformas, a idea é crear discurso e logo ir facendo”, lembra Tobar.