Os Amigos dos Castelos premian a recuperación da Fortaleza de Narla

Ferrol foi visitado por membros da asociación francesa Vauban

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Dous conxuntos fortificados galegos recibiron esta fin de semana recoñecemento de colectivos foráneos. Por unha banda, a Asociación Española de Amigos dos Castelos outorgáballe o pasado venres unha medalla de bronce á Deputación de Lugo polo seu traballo de musealización e difusión cultural no Museo-Fortaleza San Paio de Narla (Friol). Pola súa banda, as fortificacións do século XVIII de Ferrol recibiron a visita de membros da asociación francesa Vauban, centrada na defensa deste tipo de conxuntos militares. Os representantes deste colectivo recoñeceron o valor deste patrimonio da Cidade Departamental e intercambiaron experiencias coas autoridades locais.

Que che parece esta nova?
10 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Deputación de Lugo

Claves

Lugares