Segundo anunciou este 15 de xuño a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal), un pescador atopou a estatua dunha virxe de estilo gótico no leito do rÃo Sar ao seu paso pola parroquia de Conxo, en Compostela. O autor da descuberta púxose en contacto con membros deste colectivo que confirmaron, co asesoramento de especialistas en taxación de antigüidades e en Historia da Arte, a autenticidade da peza, cuxa cronoloxÃa pode situarse na segunda metade do século XIV.
Segundo explica Apatrigal, a súa asociada e taxadora Ana Paula Castro sinalou que se trata "dunha talla de pedra de granito, de vulto redondo, tallada en catro das súas cinco caras, que se presenta como unha virxe entronizada en cuxo colo suxeita un neno Xesús", mentre os profesores Juan Monterroso Montero e o catedrático e académico Ramón Yzquierdo PerrÃn, ditaminaron que se trata dunha "virxe sedente co neno, ao que parece estar dando o peito".
A talla, segundo amosan varias imaxes feitas públicas polo colectivo, está situada no leito do rÃo entre outras pedras e semella levar tempo no lugar. O rostro da figura da virxe e mais a cabeza do neno foron mutiladas, aparentemente como xeito de desacralizar a peza logo de que fose retirada da súa función no culto. Polo momento ignórase a orixe da estatua, e Apatrigal xa informou a Dirección Xeral de Patrimonio da descuberta.
ACTUALIZACIÓN: A ConsellarÃa de Cultura iniciou na mañá deste 15 de xuño as tarefas para retirar a peza do curso do rÃo. A intención é que ao longo da xornada a estatua se traslade ao Museo das Peregrinacións e de Santiago, onde será depositada e estudada con vistas a determinar o seu valor patrimonial.