Pór de relevo a importancia de Ferrol no século XVIII como cidade senlleira no movemento da Ilustración a nivel europeo é o obxectivo que perseguen os membros da Fundación Ferrol Metrópole. Para isto veñen de pór en marcha as xornadas "Ferrol da Ilustración" que comezaron onte e se desenvolverán ata o venres.
Ferrol Ilustrado
Con versos de Lorca iniciábase onte a primeira das xornadas "Ferrol na Ilustración" nas que se analizará a importancia que tivo a cidade no século XVIII.
Durante estes cen anos a cidade viviu un intenso desenvolvemento económico gracias á construcción naval e o incremento da industria, e aÃnda conserva destacadas mostras da arquitectura da época. Foi durante o reinado de Fernando VI cando se declarou a cidade coma capital departamental polo seu valor estratéxico na defensa contra os ingleses e cando se promoveu a construcción do complexo militar do arsenal e dos castelos da RÃa.
Durante a xornada de onte Isaac DÃaz Pardo falou da importancia que tivo a cidade no desenvolvemento da primeira fábrica de Sargadelos durante o século das luces.
Foro de cidades ilustradas
Desde Ferrol Metrópoli estanse a promover contactos con outras cidades de Europa de especial relevancia durante o Século das Luces con vistas a formar un Foro das Cidades Europeas da Ilustración. Este foro servirÃa como punto de encontro para artellar estudios sobre aspectos coma a arquitectura do século XVIII e a arte deste perÃodo. Ademais, preténdese a difusión destes contidos mediante a elaboración de libros, productos multimedia e audiovisuais para dar a coñecer os diferentes aspectos destas cidades. Do mesmo xeito, propoñen elaborar un portal en Internet dedicado a este tema e editar un catálogo que recolla a importancia de Ferrol na Ilustración onda información turÃstica. Finalmente, tamén se propón a organización de diferentes congresos anuais para investigar diferentes aspectos da Ilustración cmoa a importancia do estado, a organización do territorio, o exército ou o urbanismo entre outras.
Importancia económica
No marco das xornadas, a Asociación Ferrol Metrópole vén de solicitar ó Concello de Ferrol o seu apoio para organizar unha semana grande da Ilustración. Neste evento realizarÃase unha recreación da época na cidade entre outros actos culturais, achegando á poboación o coñecemento da época. Desde a Fundación sinálase a potencialidade turÃstica de promocionar Ferrol como cidade ilustrada e insÃstese en solicitar que o Arsenal e os castelos de San Felipe e a Palma sexan declarados Patrimonio da Humanidade.