Unhas xornadas reflexionan sobre a influencia da Ilustración no urbanismo

A cita terá lugar do 17 ao 20 de novembro en Ferrol

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O proxecto urbano de Ferrol aplicado durante a época da ilustración vai ser obxecto de estudo no marco das primeiras xornadas Luces e Sombras do Proxecto Ilustrado. Trátase dun encontro organizado pola Fundación Casares e que se celebra na cidade de Ferrol do martes 17 ao venres 20 e pretende analizar a influencia da Ilustración no proxecto urbano e industrial da cidade de Ferrol. Barreiro Fernández, presidente da Real Academia Galega, Alfredo Vigo Trasancos, catedrático da historia da arte e especialista en temas de arquitectura e urbanismo son algúns dos relatores deste enocntro que está recoñecido con un crédito de libre configuración para os estudantes da Universidade da Coruña.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Historia da Arte, Arquitectura, Fundación Casares...