Un congreso analizará a pegada das Irmandades da Fala en Ferrol

A RAG, o Concello e o Coro Toxos e Froles celbran o encontro os días 28 e 29 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Analizar a pegada das Irmandades da Fala en Ferrol e na súa comarca e a influencia do coro Toxos e Froles na difusión deste movemento son os obxectivos do Congreso Extraordinario Terra de Trasancos Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala. O propio coro, o Concello e mais a Real Academia Galega organizan este encontro que entre os días 28 e 29 de outubro e que contará cunha conferencia inaugural a cargo do propio presidente da RAG, Xesús Alonso Montero. O traballo de Xaime Quintanilla, as iniciativas de edición en Ferrol no tempo das Irmandades, ou as primeiras adhesións a este movemento na zona serán obxecto de diferentes mesas redondas. Ademais, está aberto o prazo para comunicacións relacionadas co tema.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Irmandades da Fala, Xaime Quintanilla, Xesús Alonso Montero...