A directora da Bedeteca de Lisboa, Rosa Barreto, visita Galicia

BD visita

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Consello da Cultura Galega recibía esta mañá a visita de Rosa Barreto, directora da coñecida Bedeteca de Lisboa, que está no noso país convidada pola Consellaría de Cultura. Ademais de se entrevistar co presidente da institución, Ramón Villares, Barreto tivo un encontro co equipo do portal culturagalega.org no cal intercambiaron experiencias e coñeceu o traballo deste web sobre a banda deseñada. Onte Barreto participou, no marco do Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra, nun encontro con distintos membros de colectivos da BD galega. Alí explicou a evolución e funcionamento deste centro de referencia internacional e perfilou a situación da BD no país veciño. Dos dous encontros saíu o acordo e manter contactos de cara a futuras colaboracións.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lisboa, Ramón Villares, Banda deseñada, Culturagalega...