A Bedeteca de Lisboa fala sobre Galicia, Prado ilustra a Torre de Hércules e chega a cuarta “Retranca”

Redada: Ecos, números e ilustracións

A visita que a pasada semana facía ao noso país rosa Barreto, directora da Bedeteca de Lisboa, deu para que agora o web desta institución achegue unha serie de artigos sobre a BD e a ilustración en Galicia. Ao tempo, sabemos polo web do xornal “La Opinión” da participación de Miguelanxo Prado na campaña a prol da declaración da Torre de Hércules coma Patrimonio da Humanidade. Para alén do cartel que xa ilustrou neste sentido, Prado participará con outros artistas na experiencia de pintar cadansúa reprodución da torre. Pola súa banda, o blog da revista “Retranca” anuncia o lanzamento do cuarto número da publicación e sabemos da presenza de Javi Prieto no novo número do fanzine “Toronto”.