O Festival de Cine de Ourense quere ser o foro no que se unifique o sector audiovisual

A actividade do encontro trasládase ao centro para implicar á cidadanía

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A 14 edición do Festival de Cine de Ourense pretende recuperar o espírito de lugar de encontro entre profesionais do sector audiovisual. Nesta ocasión, o obxectivo é servir de foro de debate sobre a unificación da estrutura administrativa para darlle pulo ao sector. Ademais, o encontro que se celebrará do 10 ao 14 de decembro, cambia a sede das súas actividades (que non o das oficinas) para o centro comercial Ponte Vella coa finalidade de implicar á cidadanía. As homenaxes a Blanco Amor, Eloy Lozano ou a retrospectiva de Norman Mac Laren son algúns dos pratos fortes dun encontro que conta con 200 películas na sección competitiva. Enrique Nicanor, director do Festival, advertiu que pode ser a última edición ao retirar a Xunta a súa convocatoria de axudas a festivais.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Eloy Lozano

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares