Hai máis dunha década, Sarabela Teatro, unha das compañías máis veterás da escena galega, ensaiaba as súas montaxes nun almacén de patacas. Moito cambiaron as cousas desde entón e agora, anos despois, ten un espazo fixo no que ensaiar, no que ofrecer funcións e mesmo desenvolver actividades culturais para a cidadanía. Son as vantaxes de ser unha das catro compañías residentes que hai en Galicia, figura que nace ao ao abeiro dunha convocatoria de axudas que este ano inaugurou a Agadic.
É unha figura habitual nos tecidos teatrais doutros paises. As compañías residentes son grupos de teatro asociadas a un espazo público (ben sexa de titularidade pública ou privada) na que poden, entre outras cousas, ensaiar as montaxes e ofrecer funcións continuadas na carteleira. En resumidas contas, unha certa estabilidade que lle permite abrir os seus obxectivos dos que son como compañía e desenvolver un proxecto máis amplo cheo de actividades culturais para toda a cidadanía. Sarabela Teatro, Teatro do Morcego, Teatro de Ningures e Chévere son as primeiras catro compañías residentes do país aínda que desenvolven proxectos culturais tamén diferentes.
Non todas as residencias son iguais
Levábamos dezaoito anos agardando por este tipo de axudas explica Xesús Ron, responsable da Sala Nasa, o cuartel xeral dos Chévere como rezaba a publicidade durante un tempo. É a única das catro compañías residentes que xestiona un espazo privado, xa que as outras traballan en espazos públicos. Sarabela no auditorio municipal de Ourense, Teatro do Morcego no Auditorio de Narón e Teatro de Ningures no de Cangas. O caso dos Chévere é certamente particular comezamos no ano 1992 cun modelo de compañía fixada nun espazo e fomos traballando cunha enorme precariedade e o modelo foi esmorecendo ata o ano 2003, explica Ron. Foi entón cando Chévere deixou de actuar, de pedir subvencións públicas e a actividade da Sala Nasa independizouse do grupo de teatro. Así ata este ano, apunta Ron, no que coa convocatoria puidemos recuperar aquel traballo e iniciar un proxecto de residencia con maior estabilidade que permitira, desde unha banda, consolidar 16 postos de traballo e, desde a outra, desenvolver un proxecto social e cultural que afectara a toda a cidadanía. Foi así como os Chévere regresaron á Nasa con Testosterona unha montaxe teatral que viña acompañada de numerosos obradoiros que se impartiron por toda Galicia. Aquí radica outra das singularidades das convocatorias de axudas de residencia que, malia que as subvencións se resolveron a finais de xullo, as compañías comezaron a resolver os seus proxectos moito antes. Antes incluso de que souberan se ían recibir cartos ou non. Chévere estreou en febreiro o seu espectáculo, Sarabela comezou o seu proxecto de dinamización cultural na primavera mentres que en Narón e en Cangas desenvolveron actividades durante o verán. Nós tiñamos que poñernos a desenvolver o proxecto para o público en xeral e despois xa miraríamos onde chegaban os cartos explica Salvador del Rio.
Moito máis que un espazo no que ensaiar
Ser unha compañiá residente supón un modelo diferente do que é un modelo comercial. Xa que crea impacto na cidade en tanto en canto realizas actividades relacionadas co público porque tes obxectivos artísticos e culturais explica Ánxeles Cuña, responsable de Sarabela Teatro. Celso Parada, responsable de Teatro do Morcego engade o feito de que non é unha novidade, é un modelo que funciona noutros países e que nós levábamos ano reivindicando. Salvador del Río de Teatro de Ningures puntualiza que depende do proxecto de cada entidade. E aquí é onde veñen as diferenzas. Na convocatoria de axudas a compañías residentes, cada unha delas debía presentar un proxecto no que se explicara o programa de actividades que a residencida implicaba, así cada compañía puxo o énfase en actuacións diferentes. Por poñer un exemplo, Teatro de Ningures, ademais de montar o espectáculo de Atra Bile, montaron un espectáculo de rúa, aproveitando a historia de Cangas que implicou a máis de cen persoas dos cidadáns da localidade que durante semanas estiveron asistindo a cursos de formación para poder facer a montaxe. Así cumplíamos varios propósitos: dinamizar, recuperar a historia da tradición e da vila, e encher a programación de verán matizaba Salvador del Río. Non é o único exemplo, grazas a esta figura, Chévere organizou os Obradoiros do espectador, unha iniciativa que pretende educar ao público e darlle as claves para poder comprender os espectáculos aos que logo asista. Ademais, a residencia permítelles unha maior estabilidade e poder manter na carteleira un espectáculo durante máis tempo. Con este modelo, as compañías deben manter un mínimo de 10 funcións, que se alonxan das catro que acostumaban a ofrecerse. Só así, explica Salvador del Río, se pode crear un hábito de ir ao teatro, de conseguir un maior número de público e que sexa cada vez máis esixente.
Sumar esforzos
Esta modalidade de axudas implicaba, ademais, unificar políticas culturais de ámbito público, no que Xunta e os concellos decidiran apoiar un mesmo proxecto. Así, a convocatoria regulaba que as dúas administracións achegaran cartos na mesma actividade, unha forma de conseguir unha política unitaria que apuntase sempre na mesma dirección. Un dos poucos defectos que as compañías lle atribúen á convocatoria, é que na súa resolución optaran polo que Xesús Ron chamou tarifa plana que se concederan os mesmo cartos a todos os proxectos (80.000 euros que, ao mesmo tempo, era a contía mínima). Isto supuña que os concellos (que tiñan a cláusula de que achegarían, como mínimo a metade do que a Agadic concedía) se axustaran ao mínimo condicionando a contía total da que dispuñan as compañías para desenvolver o seu traballo.
Ademais, as catro compañías asumen que esta convocatoria de axudas non debe de ser unha iniciativa puntual, senón que debera repetirse todos os anos.