O día Mundial da Tradución servirá para homenaxear a Marilar Aleixandre

Daoud Hai, intérprete no conflicto bélico de Darfur, ofrecerá unha conferencia o día 29

| Santiago. Redacion | Seccións: Lingua
Compartir:

Malia que a súa traxectoria no ámbito da tradución non é moi longa, Marilar Aleixandre será a escritora homenaxeada no Día Internacional da Tradución pola súa contribución para a cultura galega e a súa integración na vangarda intelectual do mundo contemporáneo. A festividade, que organiza a a Asociación de Tradutores Galegos e a Escola Galega de Tradución da Universidade de Vigo, celébrase o día 30 de setembro, aínda que contará con varias actividades que se desenvolverán nos días próximosa esa data. O 29, Daoud Hari, recoñecido intérprete no conflicto bélico de Darfur, pronunciará unha conferencia en 12 idiomas na que contará a súa experiencia e abordará cuestións relativas a súa obra Eu fun tradutor en Darfur.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Marilar Aleixandre, Asociación de Tradutores Galegos, Universidade de Vigo