Homenaxes e conferencias celebran o Día Internacional da Tradución

Os profesionais do sector desenvolven as súas actividades co lema

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Día Internacional da Tradución celébrase hoxe en Galicia co lema "Traballar en común". Un dos actos centrais será a homenaxe a Marilar Aleixandre que se celebra ás oito desta tarde no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea. O evento está organizado pola Asociación de Tradutores/as Galegos/as (ATG), Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) e Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura. Xa onte, no mesmo lugar, impartiu unha conferencia o recoñecido intérprete Daoud Hari. Ao tempo, na Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo sucédense, desde as dez da mañá, presentacións e mesas redondas encol desta cuestión. Entre as novidades máis destacadas está a presentación de BITRAGA (Biblioteca de Tradución Galega), unha base de datos de obras vertidas de e cara a nosa lingua.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Marilar Aleixandre, Universidade de Vigo, Asociación Galega de Profesionais da Tradución...