Os expertos relacionan idioma e intereses políticos nas I Xornadas Bilingües

Unha das participantes asegura que non é comparable o caso galego co sueco

| Santiago. Redacion | Seccións: Lingua
Compartir:

Entre os obxectivos que perseguían as I Xornadas Bilingües, figuraba o de amosar a realidade de sistemas educativos de países lingüisticamente semellantes a Galicia. Sen embargo, unhas das conferenciantes, a sueca Anna-Kaisa Mustaparta asegurou a Faro de Vigo que non se pode comparar o caso galego co sueco porque en Suecia os idiomas proveñen de ramas moi diferentes. Esta especialista, integrante do Consello Nacional de Educación de un país que está á cabeza nas probas internacionais de nivel, avoga por impartir tantas materias en galego como en castelán xa que ambas linguas son moi próximas. Alén desta experiencia concreta, os expertos participantes nas xornadas organizadas por Galicia Bilingüe, coincidiron en relacionar idioma e intereses políticos.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Galicia Bilingüe, Faro de Vigo, Suecia

Claves

Conceptos
Lugares