“A sociedade galega reafÃrmase como bilingüe” apuntou Anxo Lorenzo, secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica na presentación dos resultados sobre a consulta sobre o galego. Lorenzo destacou tamén a alta participación (“maior nos centros privados que nos concertados e nestes que nos públicos” matizou), asà como que a consulta desvelaba a necesidade de revisar o marco legal. Os datos, que non distinguen entre contorno rural e urbán, ofrecen diferentes respostas en función dos distintos tramos educativos. AsÃ, en Infantil o 53.2% dos pais prefiere que o seu fillo aprenda a ler e a escribir tanto en galego como en castelán (o 8.7% pide que sexa só en galego e o 37% só en castelán). As cousas cambian en Primaria, onde o 37,6% dos pais piden que se impartan as materias troncais en castelán, seguido do 26.6% unhas en galego e outras en castelán. Esta tendencia continúa en Secundaria, onde o 33.8% prefire o castelán, e onde o 23.6% pide un modelo bilingüe. Nos ciclos formativos, moi orientados cara o mercado laboral, os pais piden maioritariamente as dúas linguas (52%), seguidas do ensino exclusivo en galego (25,1%).
Lorenzo destacou o carácter “histórico” desta consulta, e apuntou que serÃa un elemento máis a valorar á hora de elaborar o decreto do ensino. En todo caso, na súa opinión, os “datos revelan a necesidade de revisar o marco legal para poder incorporar o inglés”, explicou. Ademais, cuantificou o gasto desta consulta, que ascende a 160.995 euros.
Resultados da consulta ás familias sobre a utilización das linguas no ensino non universitario de Galicia.Lorenzo destacou o carácter “histórico” desta consulta, e apuntou que serÃa un elemento máis a valorar á hora de elaborar o decreto do ensino. En todo caso, na súa opinión, os “datos revelan a necesidade de revisar o marco legal para poder incorporar o inglés”, explicou. Ademais, cuantificou o gasto desta consulta, que ascende a 160.995 euros.