Galicia Bilingüe inicia unhas xornadas para amosar a "realidade" doutros sistemas educativos

A Deputación de Pontevedra financia este evento que comezará mañá na cidade

| Santiago. Redacion | Seccións: Lingua
Compartir:

A asociación Galicia Bilingüe celebrará mañá e pasado no Museo de Pontevedra as I "Xornadas Bilingües". O evento está orientado, segundo a asociación, a amosar "a realidade de sistemas educativos de países lingüisticamente similares a Galicia". As xornadas inclúen a participación de pedagogos, profesores de económicas, maxistrados, mestres e representantes de asociacións de diferentes territorios do Estado e de Europa. Teresa Pedrosa, vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, defendeu o financiamento destas xornadas: "sabemos que existen grupos de presión contrarios a que se aborde esta cuestión _concluíu_, pero evidentemente a Deputación de Pontevedra sempre apoiará debates sobre temas que estean de actualidade ou interesen ós pontevedreses”.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Galicia Bilingüe, Asociacións, Museo de Pontevedra...