A Xunta quere duplicar os peregrinos para o vindeiro Ano Santo

Pola contra, só prevé abrir dous novos albergues

| Santiago. Redacion | Seccións: sociedade
Compartir:

Se xa este ano o Camiño de Santiago está saturado, con preto de 1.200 compostelas seladas cada día, o vindeiro ano a Ruta Xacobea pode pórse imposible. A Xunta prevé chegar a 250.000 pelegríns, 71.000 máis do que no anterior Ano Santo, mentres só construirá dous novos albergues para este fluxo. Os camiñantes contarán, cando menos, cun pasaporte xacobeo que lles garantirá descontos en diferentes establecementos hostaleiros e comerciais durante a temporada baixa. Tamén se porá en marcha un web que informará polo miúdo en seis idiomas de rutas, albergues e ferramentas para planificar a ruta.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Ano Xacobeo