A Xunta reduce os cometidos do Xacobeo a albergues e a promoción do Camiño

Desaparece das súas funcións a organización de concertos e a produción audiovisual

2/4/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisualpoliticas culturais
13 lecturas | Compartido 0 veces

Naceu no ano 1991 e desde esa data viviu momentos de esplendor ampliando progresivamente as súas competencias ata onte. O Diario Oficial de Galicia publicaba onte unha nova reformulación dos estatutos do Xacobeo que limita o obxecto social desta entidade. Desaparecen da súas funcións a produción cinematográfica e audiovisual, a organización de competicións deportivas e a montaxe de grandes concertos, que tanta sona lle deron en Anos Xacobeos. Deste xeito, a entidade (con sede social en San Lázaro) encargarase soamente das actividades da rede de albergues e, de coordinar actuacións específicas relacionadas co Camiño de Santiago e a cultura xacobea.

Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Diario Oficial de Galicia, Camiño de Santiago