O Consello da Xunta aprobaba onte "o proxecto de acordo a través do que se crea a Academia Xacobea e se aproban os seus estatutos". A nova entidade nace "coa finalidade de fomentar e coordinar o estudo e divulgación do fenómeno xacobeo en todas as súa vertentes" e para isto "promoverá a investigación do Camiño de Santiago, asà como tamén difundirá os valores universais que lle son propios". Xornadas, foros e simposios, publicacións, bolsas, distincións e acordos con outras entidades son algunhas das iniciativas que o novo organismo poderá desenvolver, segundo comunicou a Xunta e figura nos seus estatutos.
O proxecto desta entidade botou a andar en 2015 cunha comisión xestora que preside o ex-conselleiro Xesús Palmou. Segundo explica, "somos un grupo de nove persoas que levamos traballando nisto desde hai varios anos", con diferentes actividades. Este verán presentaron ante a Xunta unha proposta de estatutos que é a que se acaba de aprobar. Deste xeito, a entidade figurará como unha institución privada de dereito público adscrita á ConsellarÃa de Cultura, e unha vez constituÃda comezará en vindeiros dÃas a traballar para aprobar o seu plan de acción e para elixir o seu presidente e xunta directiva.