O segundo Ano Santo si que incluirá unha programación da Xunta de Galicia de Concertos do Xacobeo, unha acción moi semellante á dos Xacobeos pre-pandémicos máis recordados. AsÃ, perante sete meses, vilas e cidades de toda a comunidade desfrutarán dunha oferta musical con nomes moi recoñecidos da escena internacional ou estatal de cara a reforzar a sona internacional que o Ano Santo dá a Galicia. este programa presentouse este sábado na Cidade da Cultura nun acto presidido polo vicepresidente primeiro da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, acompañado, entre outros, polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións, Román RodrÃguez; ademais de polo alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro.
A programación de Concertos do Xacobeo inclúe 70 eventos musicais nas catro provincias galegas con actuacións de diferentes estilos e para todos os públicos. Actuarán artistas como RosalÃa, Luis Fonsi, Marc Anthony, Imagine Dragons, C. Tangana, Hombres G, Bunbury, Rozalén ou Placebo, e haberá figuras do panorama nacional como Beret, M-Clan, Taburete, Los Secretos, Coque Malla, VÃctor Manuel ou Miguel RÃos, ademais da representación dos artistas de Galicia, con Iván Ferreiro, Xoel López, Tanxugueiras ou Roi Casal. Tamén o fará a banda de rock británica Muse, aÃnda que o lugar do concerto está aÃnda por determinar. O vicepresidente primeiro en funcións destacou na presentación do programa que o evento musical será "a memoria colectiva que deixará pegada entre todos os que participen nun Xacobeo histórico".
Concertos na Fin do Mundo
Ademais diso a Axencia de Turismo de Galicia da Xunta ven de publicar na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a apertura do proceso de licitación para a contratación do servizo de organización, xestión, realización e difusión do ciclo "Concertos na fin do Mundo", co que repetirán este programa de eventos musicais en faros e balizas da costa galega que xa tivo lugar o pasado ano. Nesta ocasión serán un total de oito concertos en catro localizacións diferentes. Os espazos para a celebración dos concertos, ao igual que no ano 2021, serán as contornas dos faros Silleiro (Baiona), Corrubedo (Ribeira), Punta da Barca (MuxÃa) e San Cibrao (Cervo) pero a empresa que obteña a licitación poderá facer unha proposta doutros posibles espazos onde realizar os concertos, ademais destes. Cada concerto terá un elenco musical diferente de carácter galego, nacional e internacional, agás dous dj´s de xeito que cada un deles terá unha actuación en cada un dos emprazamentos escollidos. As datas de celebración serán catro fins de semana a definir entre o 15 de xuño e o 31 de xullo do ano 2022 na tarde/noite do venres e do sábado.
A licitación, que inclúe as tarefas derivadas da planificación, deseño, contratación de artistas e execución de cada un dos concertos a realizar, asà como os traballos de promoción, comunicación e difusión do ciclo. O orzamento de base da licitación estÃmase en 250.000 euros (con IVE). O prazod e presentación deofrtaqs está aberto ata o vindeiro dÃa 14 de maio. Segundo consta no prego, "a intención é, grazas á selección musical e ao feito de celebrar os concertos en lugares que non acostuman acoller este tipo de eventos, facer do ciclo "Concertos na Fin do Mundo" unha cita musical altamente apetecible que motive aos potenciais asistentes a descubrir recunchos da nosa costa e a programar unha escapada de fin de semana", aseguran as especificacións. Os pregos indican que os concertos deberán ser eventos "de músicas diversas sen especialización en ningún estilo musical concreto pero si terán que cumprir con dous requisitos mÃnimos: unha alta calidade dos músicos participantes e o feito de seren concertos para gozar dun ritmo pausado, sen masificacións e dirixidos a todos os públicos".