Cirque du Soleil, Mark Knopfler, Philip Glass ou Mayumaná. Son algúns dos nomes que visitarán Galicia o vindeiro ano con ocasión do Xacobeo 2010. A Xunta de Galicia presentaba esta mañá o agardado programa, que marcará a nosa programación cultural. Grandes eventos e vocación internacional preséntanse coma os grandes eixes desta iniciativa.
O Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela acollía esta mañá o acto de presentación do programa Xacobeo 2010. No mesmo, canda ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, estaba o conselleiro de Cultura, Roberto Varela e diferentes persoeiros do mundo da cultura e da economía do país. No evento, o presidente da Xunta sinalou que o Ano Santo “é un reencontro co cerne europeo” e que en 2010 Europa terá “a súa capital en Galicia”. Lembrou que os peregrinos atoparán no noso país “un pobo (…) con dúas linguas e un só sentimento, que non fixo da súa diversidade cultural unha eiva, senón unha vantaxe na era da globalización”. A ese respecto, o presidente da Xunta incidiu no carácter “fondamente popular” do Xacobeo, sinalando que esta tradición non tería sobrevivido “se non tivera o respaldo de xente que humaniza o Camiño”.
Música pop
En canto ao programa en si, polo adiantado esta mañá fica clara a súa vocación internacional do programa. Por unha banda, e malia á caída de U2 do cartel, prevense concertos de importancia ao longo do ano. Mark Knopfler ou Philip Glass son nomes confirmados no campo da música pop. Neste campo intégrase a celebración do espectáculo MTV Galicia, que se retransmitirá a todo o mundo a través da coñecida canle de televisión. Pendentes de concretar os contidos deste espectáculo, polo de agora a proposta queda lonxe dos The Cure, Iggy Pop, Bob Dylan ou Red Hot Chili Peppers que nos visitaron na anterior edición. Tamén o festival de música experimental Sonar, de Barcelona, se suma á festa cunha edición compartida co Xacobeo. Entre as novidades deste ano, é de destacar o programa Xacobeo Importa, un ciclo de dez concertos para pequenos espazos que achegan por vez primeira a Galicia grupos coma Mudhoney o Vetiver. De cara aos afeccionados ao folk e á música do país, a xira Xacobeo Raíces achegará grupos coma Berrogüetto, Mercedes Peón, Luar na Lubre, Bonobo ou Fuxan os Ventos a diferentes localidades da nosa xeografía.
Música clásica e espectáculos
A música clásica presentouse coma un dos pratos fortes do vindeiro ano. Integradas no Festival Xacobeo agárdanse actuacións de figura scoma o pianista Lang Lang, a mezzosoprano Cecili Bartoli, a violinista Anne-Sophie Mutter, Zubin Metha ao cargo da Orquestra do Palau de les Arts de Valencia ou Vasily Petrenko a dirixir unha versión de Parsifal. Pola súa banda, o Vía Stellae contará con máis de cen concertos na súa vindeira entrega, contando con formacións coma a Mahler Chamber Orquestra ou a Oquestra Barroca de Venecia. A nivel de espectáculos contarase con Mayumaná, Cirque du Soleil ou a Merce Cunningham Dans Company.
Mostras
A nivel de exposicións, o programa incide especialmente na fotografía, con proxectos concibidos específicamente para a ocasión. Candida Hoffer, Pierre Gonnord, Manuel Valcárcel ou Cristina García Rodero achegarán ás súas imaxes ao Ano Santo. Outra mostra que chegará a Compostela logo de visitar París e Roma será Santiago e Europa. A historia de Diego Xelmírez, unha ambiciosa exposición que amosa o papel do arcebispo na construción europea proposta polo Consello da Cultura Galega. A seguir coa divulgación, o 2010 verá unha edición en galego do Códice Calixtino, con ilustracións de Francisco Leiro ou a maqueta virtual da Catedral de Santiago realizada pola Universidade de California.
Reflexión
O Museum of Modern Art de Nova York participará do programa Xacobeo, albergando o ciclo 12 meses, do 12 conferencias, no que recoñecidos especialistas internacionais falarán sobre o camiño. Máis preto de nós haberá tamén espazo para foros de reflexión coma Camiños de Concordia, que se desenvolverá nas grandes cidades do país e que achegará conferencias e clases maxistrais de pensadores de prestixio. O I Encontro Internacional de Literatura de Viaxes e a Semana Auria de Novela Histórica, con premio internacional asociado, son outros dos encontros que veremos. A estes sumaranse os máis variados debates que se integrarán nos congresos e seminarios que patrocinará o Xacobeo.
O Xacobeo galego
Encol do xeito en que a celebración do Ano Santo vai repercutir na cultura que se desenvolve no noso país, o avance do programa que se presentou esta mañá incide na promoción da cultura galega. Nese sentido, adiántase a “contratación de artistas galegos garantindo que parte da creación, a produción ou a xestión de espectáculos e artistas nacionais e internacionais a realicen empresas galegas”. Ao tempo, sinalan que o Xacobeo “acordará con institucións culturais, promotores de concertos e espectáculos locais”, entre outros, “o impulso da súa actividade mediante actuacións conxuntas”. É de supor que neste apartado se inclúe o apoio a eventos viran recortado o apoio autonómico este último verán e aos que Cultura prometera integrar nesta iniciativa. A organización adianta tamén a presenza de artistas do noso país en concertos e todo tipo de eventos. De xeito semellante, Roberto Varela indicou que “todo o territorio galego se vai activar no 2010” e lembrou que “grandes cidades e pequenos concellos serán partícipes dunha programación diversificada e descentralizada”. De cara ao noso audiovisual, o programa inclúe a estrea de O Apóstolo primeiro filme de animación en 3D realizado en europa ou o apoio a diferentes festivais de cinema do noso país.
Obviamente, e aínda con moitas cuestión pendentes de fechar, a programación do vindeiro Xacobeo desenvolverá un bo feixe de propostas máis. Adiántanse deste xeito un plan de promoción gastronómica, o desenvolvemento de actividades pedagóxicas en escolas de Galicia e de España, unha xira de música para os máis novos en colaboración coa TVG ou a recreación do camiño medieval mediante imaxes 3D son outras das cuestións que se adiantan. É de agardar que ao longo dos vindeiros meses se vaian coñecendo máis polo miúdo cada unha das propostas que hoxe se adiantaron.