A Xunta presenta a Xacopedia

O web sobre a cultura xacobea só está dipoñible en castelán

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeCamiño de Santiago
Compartir:

Unha enciclopedia en liña sobre o Camiño de Santiago e a cultura xacobea. Esta é a proposta da Xacopedia, iniciativa que presentaba onte a directora de Turismo de Galicia Nava Castro. A proposta, que polo momento só está dispoñible en castelán, recompila, segundo adianta o propio web, "todos os termos relacionados co fenómeno da peregrinación a Santiago, desde personaxes relacionados coa cultura xacobea ou peregrinos históricos ata tradicións, lugares míticos, os camiños e as súas poboacións". En total, máis de 3.000 entradas que se anuncian "en varios idiomas", preto de cen mapas e listaxes de asociacións xacobeas e de albergues en cada camiño. O web foi realizado pola editora compostelá Bolanda.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Turismo, Camiño de Santiago, Turismo de Galicia