A Academia Xacobea e a Xunta convocan o I Premio de Poesía 'Camiño de Santiago'

Poden concorrer obras en galego e castelán

24/5/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O mércores presentouse o I Premio de Poesía "Camiño de Santiago", organizado pola Academia Xacobea co patrocinio da Consellería de Cultura. No acto de presentación, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, sinalou que este novo certame "contribuirá, desde a poesía, á proxección exterior da lingua galega arredor do Camiño e do Xacobeo”. No concurso poden participar poemarios orixinais en galego ou castelán e a obra gañadora recibirá 1500 euros e a publicación da obra pola editorial barcelonesa Carena.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Camiño de Santiago, Valentín García, Política Lingüística...