Hoxe a editorial Galaxia anunciou o fallo do primeiro premio de ensaio Camiño de Santiago, organizado pola Academia Xacobea coa colaboración da ConsellerÃa de Cultura e a Editorial Galaxia. A obra gañadora, dun total de sete concorrentes, foi Escenas, Imágenes y Sonidos del Camino, do funcionario compostelán Jesús Curros. O xurado valorou a converxencia de referencias neste texto: "a arquitectura, a literatura, non só a galega e española, senón toda a literatura universal, pasando pola música, tanto sagrada como profana, o cine, e xéneros como o tebeo, o cómic ou a banda deseñada danse cita nesta magnÃfica obra de ensaio". O gañador recibirá 3.000 euros e a edicion da obra en galego e castelán.