O Profesor e escritor granadino Enrique García Jiménez ven de facerse co IIIº Premio de ensaio 'Camiño de Santiago' coa obra en castelán 'Apapachoa. El camino de Santiago como experiencia cima', convocado pola Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaria Xeral de Cultura e a Secretaria Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, e co patrocinio de Aluminios Cortizo.
O xurado, composto por Marcelino Agís, presidente da Academia; Alba Gil (Editorial Galaxia); Milagros Otero, secretaria da Academia; Josefa Sanz, vicepresidenta 2ª Academia; e Armando Requeixo (Centro Ramón Piñeiro); reunido onte na sede da Academia na Cidade da Cultura, destacou no ensaio a súa orixinal ollada sobre o Camiño de Santiago, "percibido como un vieiro que transforma a quen o percorre, convertendo a experiencia da peregrinaxe nun momento cumio da biografía de cada camiñante". O certame ten un único premio dotado con 3.000 euros. García Jiménez verá a súa obra publicada en castelán e galego. A obra en castelán será publicada pola Editorial Galaxia no seu selo Mar Maior en modalidade dixital (EPUB) e a obra en galego será publicada na colección de Ensaio da Editorial Galaxia.
Segundo explica o comunicado feito público desde Editorial Galaxia, na obra gañadora García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise critica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, a partir da súa vivencia persoal como peregrino, dende unha técnica discursiva que ancora no epistolar, "sendo quen de achegarnos esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa dende as primeiras páxinas e crea un círculo de complicidades que convida a ler", explican. Enrique García Jiménez é licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidad de Granada (U.G.), onde se doutorou en Socioloxía. Profesor e investigador no Centro de Maxisterio La Inmaculada (U.G.). Imparte Socioloxía da Educación nos graos de Educación Infantil e Educación Primaria. O autor posúe varios premios literarios a nivel nacional, ao que incorpora agora este premio de ensaio da Academia Xacobea, cuxa finalidade é promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo.