A Agadic buscará a promoción exterior no público hispano e portugués

O director da Axencia está a estudar as liñas de traballo para a música, teatro e danza

| Santiago. Redacion | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Malia que as grandes liñas a seguir están en proceso de estudo (as que afectan a danza, música e teatro), o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos Fasero, ten moi claro que a liña é a promoción exterior. Pero “nos mercados que poidamos vender” que son o hispanofalante e o portuguesfalante. Así o afirma nunha entrevista que publican hoxe os xornais do Grupo Correo Gallego (El Correo Gallego e Galicia Hoxe). Ademais, confirma que está en revisión o Plan Galego das Artes Escénicas (que marcaba un calendario de actuación a varios anos) e que o Centro Coreográfico Galego non só vai desenvolver danza contemporánea.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Portugués, Artes Escénicas...