O premio nacional de cómic Arrugas do valencián Paco Roca vai ter versión cinematográfica con participación galega na produción. Por este proxecto de Perro Verde Films S.L., a Axencia Galega das Industrias Culturais ven de concederlle á empresa 400.000 euros, o importe máis alto dos outorgados. As subvencións desta convocatoria da Xunta de Galicia están destinadas para "producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artÃstico e cultural". Concedéronse tamén cincuenta mil euros a A muller do Eternauta, documental sobre a viúva do desaparecido debuxante Héctor Oesterheld. Non é a primeira vez que esta produción de Frida Films acada unha axuda pública, xa que para o seu desenvolvemento se lle deron o ano pasado máis de trece mil euros. Nos últimos tempos foron varios os proxectos vencellados dalgún xeito coa BD que obtiveron cartos públicos do sector audiovisual. En 2008 destináronse 15.000 euros ao desenvolvemento do guión da adaptación animada do álbum Psiconautas de Alberto Vázquez. A través da convocatoria de produción, o documental de TV Siete sobre autores de BD Na procura da besta recibiu 35.000 € en 2007. Na mesma quenda Estigmas, adaptación da novela gráfica de Piersanti e Mattotti coproducida pola coruñesa IB Cinema, ingresou 90.000 euros. Mesmo se ten dado o caso de guións subvencionados que acabaron sendo BD en vez de pelÃcula, como A conta atrás, con 11.000 euros en 2006.