A Axencia galega de Industrias Culturais (AGADIC) ven de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega. A finalidade das subvencións é o fomento dos traballos previos á produción audiovisual o que inclúe o custe da xestión de dereitos e asesorÃas relacionadas co guión ou concepto; custe do persoal de produción e dirección do proxecto; materiais de produción e promocionais; gastos de transporte e aloxamento relacionados directamente co desenvolvemento do proxecto; gastos xurÃdicos e asesoramento contable. A administración pública destina a este fin 200.000 euros de orzamento dos que 25.000 euros serán con cargo ao exercicio 2017 e 175.000 euros con cargo ao exercicio 2018.
Desde hoxe e no prazo dun mes poderán optar a estas subvencións todas as persoas fÃsicas ou xurÃdicas constituÃdas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mÃnima e sen interrupcións dun ano. Os beneficiarios deberán ter un contrato cun director e/ou un guionista para desenvolver algún proxecto audiovisual de ficción, documental, ou de animación para cine ou televisión. O importe máximo da subvención concedida pola AGADIC non poderá superar o 75 % do importe subvencionable. Entre os criterios puntuables a valorar pola comisión encargada de conceder estas axudas están o de que a versión orixinal da futura obra audiovisual estea en galego; que a dirección, guión e produción executiva estean a cargo de mulleres; que sexa o primeiro proxecto da persoa que dirixe ou guioniza a obra; e que a persoa que dirixe a que fai o guión sexan residentes en Galicia .