A Feira do Libro da Coruña desafía á crise con máis presentacións ca nunca

A cita terá lugar do 1 ao 10 de agosto

31/7/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

É unha das citas clásicas co verán e un referente no sector, a Feira do Libro da Coruña celebra do 1 ao 10 de agosto nos xardíns Méndez Núñez a súa 38 edición. Un encontro que contará con máis actividades ca nunca. En total, presentarase 30 libros (Xabier Alcalá, Marta Rivera de la Cruz, Yolanda Castaño, Luis Rei Núñez, ou Susa Herrera), haberá 35 sesións de sinatura (Manuel Rivas, Xulio Valcárcel, Xosé Neira Vilas, Espido Freire...) e ofrecerase un 10% de desconto nos exemplares que leven as 48 librarías asistentes. Os representantes da Agrupación de Libreiros da Coruña e a Federación de Libreiros de Galicia pretende manter a cifra de 100.000 visitantes lograda o ano pasado.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira do Libro, Feira, Susa Herrera, Manuel Rivas...