O Día do Libro leva as letras a rúa en varias localidades mentres a Federación de Libreiros ultima a súa feira

Feiras de letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Federación de Libreiros da Coruña levou desde onte e até o vindeiro día vintecinco quince estabelecementos aos Xardíns de Méndez Núñez co gallo daFesta do Libro. Pola contra, Faro de Vigo recolle que na Cidade Olívica non haberá presenza literaria nas rúas xa que os libreiros non dispuxeron de tempo, segundo eles mesmos, para preparar esta actividade logo da recente renovación da súa xunta directiva. Mentres, a Federación de Libreiros de Galicia anunciou que Compostela será o punto de partida da Feira do Libro, que visitará doce localidaes galegas a partir do vindeiro día trinta de abril.

Máis información sobre a Festa do Libro da Coruña en La Voz de Galicia; sobre os libreiros de Vigo na edición de hoxe de Faro de Vigo; sobre as Feiras do Libro en LG3

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Faro de Vigo, Día do Libro, Feira do Libro, Federación de Libreiros de Galicia...