O ministro Molina presentará na feira do libro da súa cidade o poemario Eume

Coruña a libro aberto

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A trixésimo sexta edición da Feira do Libro da Coruña botará a andar o primeiro de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez e estará durante dez días presente cun nutrido programa de actividades e presentacións. A presenza do ministro de Cultura, o coruñés César Antonio Molina, presentando o día 8 o seu segundo libro de poemas escrito en galego, “Eume” (Ed. Galaxia), concitou moita expectación arredor do evento. O escritor compostelán Suso de Toro será o encargado do pregón inaugural ás 13 horas. Durante os deze días que as cincuenta casetas estarán abertas serán moitos os escritores que pasarán a asinar ou presentar obras, como é o caso de Alfredo Conde, Xosé Neira Vilas, Manuel Rivas e Fina Casalderrey. Tamén haberá presenza das letras en castelán cos escritores Alberto Vázquez-Figueroa, Marta Rivera de La Cruz ou Juan Gómez Jurado entre outros. Os libreiro agardan superar os cen mil visitantes da edición anterior.

Máis información en La Opinion

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito