A Feira do Libro da Coruña que está a celebrarse nos Xardíns Méndez Núñez da cidade fai trinta e tres anos nesta edición. Máis de medio centenar de postos expoñen noventa mil exemplares ao público até o martes día 10. As editoriais Xerais e Galaxia, farán pasar pola feira a Jaureguizar, Suso de Toro, Ramiro Fonte, Miguel Anxo Fernán Vello ou Xosé María Álvarez Cáccamo, entre outros. Para o martes 3 ás 20:30 horas, está prevista a presentación de “Historia da Costa Galega e os seus naufraxios” de Fernando Patricio. O mércores 4 Manuel Rivas asinará ás 18 horas exemplares do seu novo libro “Unha espía no reino de Galicia” e do resto das súas obras para despois facer unha presentación pública desta nova publicación, ás 19 serán Xosé Antonio Neira Cruz, Pablo Martínez Orballo e Concha Blanco os que participarán nun obradoiro para os máis cativos. O xoves 5 ás 19 horas Carlos G. Reigosa asinará exemplares das súas obras e ás 20:30 horas terá lugar unha mesa redonda co tema “Ideas arredor de Galicia”, na que participan Víctor F. Freixanes, Ramón Villares e Xosé Luís Barreiro Rivas. O venres 6 será o escritor Xesús Fraga quen asine exemplares das súas obras e Bieito Iglesias presentará o seu libro “Amor e música lixeira”. A escritora Marina Mayoral asinará exemplares da súa última publicación “Ao pé do magnolio” o sábado 7 ás 20 horas.
A trixésimo terceira feira do libro coruñesa reúne aos escritores nun denso programa de presentacións
Feira do Libro da Coruña
16 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Ramón VillaresVíctor Fernández FreixanesXosé María Álvarez CáccamoXesús FragaMiguel Anxo Fernán VelloMarina MayoralRamiro FonteXosé Antonio Neira CruzXosé Luís BarreiroXosé María ÁlvarezConcha BlancoCarlos G. ReigosaJaureguizarMarina MayoralXosé María Álvarez CáccamoRamiro FonteXesús FragaCarlos G. ReigosaBieito IglesiasMarina MayoralXosé Antonio Neira CruzManuel RivasSuso de Toro
Entidades